Notable partido do Celta esta noite en Balaídos, merecendo claramente a vitoria ante un Espanyol moi probe que se atopou cun empate para o que non fixo méritos.
Os celestes saíron en tromba cun xogo tremendamente incisivo e pronto colleron ventaxa no marcador logo dunha boa xogada con centro de Óscar Díaz e remate de David Rodríguez. Lonxe de se conformaren, seguiron buscando a porta do Espanyol e puideron marcar máis goles, pero en pouco tempo un erro de marcaxe de Peña e unha cagada incrible de Rubén puxeron o 1-2. Pero hoxe os nosos souberon repórse aos mazazos e tomaron toda a iniciativa, fechando aos barceloneses na área no segundo tempo e especialmente nos últimos minutos logo de que Roberto anotase o empate. O malo foi que o dominio e as ocasións non se traduciron en goles e agora a eliminatoria está complicadísima e só unha gran sorpresa nos daría vida nesta Copa.
Do partido de hoxe quédome co gran rendemento de Rosada, un home crucificado por prensa e parte da afección pero que hoxe foi un auténtico pulmón. Tamén é xusto destacar ao perigoso e hábil Óscar Díaz, ao batallador e goleador David Rodríguez e ao canteirán Roberto, que volveu á titularidade e se reivindicou a ollos do adestrador (unha gran noticia).
Como parte negativa cómpre salientar a vergonzosa actuación do árbitro Turienzo Álvarez, cuxa parcialidade a prol do equipo grande chegou a extremos nauseabundos no segundo tempo. Tamén deixou moito que desexar -unha vez máis- a actitude de parte dos asistentes ao campo; aínda que a entrada non foi nada mala (6642 espectadores), cústame moito comprender a facilidade que temos para botar pedras contra o noso tellado e buscar chivos expiatorios na propia casa.
En resumo, unha mágoa non ter acadado a vitoria hoxe pero deberiamos quedar coa boa imaxe que deixou o Celta ante un equipo de categoría superior. Con iso e o notable partido que xogaron os nosos en Albacete a pasada xornada, temos que ser optimistas e acreditar na melloría e na escalada de posicións na táboa.
www.esmorgazeleste.com